Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia ofrece o solo empresarial máis accesible da Mariña lucense e o Occidente asturiano

Santiago, 10 xuño de 2014.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur Galicia, ofrece o solo empresarial máis competitivo da Mariña de Lugo e o Occidente de Asturias, con prezos que oscilan entre os 23 e os 57 euros o metro cadrado.

Entre os parques empresariais existentes na Mariña lucense os prezos máis baixos atópanse no de Cervo, onde a Xunta dispón de 20 parcelas a prezos que oscilan entre 23 e 53 euros o metro cadrado.

En Barreiros hai 28 parcelas dispoñibles, con prezos que oscila entre 48 e 55 euros o metro cadrado e en Foz as tres parcelas pendentes de venda van dos 55,23 aos 57,31 euros o metro cadrado.

Nos concellos do interior a Xunta ofrece solo empresarial en Lourenzá (12 parcelas entre 42,72 e 44.65 euros por metro cadrado) e o parque empresarial da Pontenova ten dúas parcelas dispoñibles a 36,51 e 40,67 euros o metro cadrado.

CONCELLO
Nº PARCELAS DISPOÑIBLES
SUPERFICIE TOTAL M2
PREZOS DE VENDA €/M2
Cervo
20
58.105,41
23-53
Barreiros
28
29.772
48-55
Foz
3
9.428
55,23-57,31
Lourenzá
12
13.382,46
42,72-44,65
A Pontenova
2
3.443,63
36,51-40,67
TOTAL
65
114.131,50
Exit mobile version