Burela, 26 de xuño de 2014.- Academia A Mariña pon en marcha unha nova actividade formativa orientada ao persoal sanitario en coidados auxiliares de enfermaría.
Baixo a denominación de Características e Necesidades de Atención Hixiénico-Sanitaria das Persoas Dependentes Academia A Mariña impartirá un curso de 45 horas na modalidade a distancia entre o 4 de agosto e o 8 de setembro.
Ramón Hermida, director de Academia A Mariña, explica que “a formación deste curso foi baremada con 5,5 créditos que se certificarán aos efectos oportunos de recoñecemento pola Secretaría Técnica do Sistema Acreditador da formación continuada das profesións sanitarias na Comunidade Autónoma de Galicia” “a través de SAGA”.
Hermida valora de forma moi positiva “esta nova oferta xa que marca o empeño de achegar aos profesionais da saúde a formación que lles permita unha reciclaxe permanente”.
Os interesados en acudir a este curso poden solicitar información no seguinte número de teléfono: 982 58 50 98. A inscrición xa está aberta.