Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa felicita aos hoteis de Ribadeo aos que Trivago sitúa como o segundo destino de praia con mellor reputación online de España

Ribadeo, 30 de xuño de 2014.- Acisa felicita aos hoteis de Ribadeo aos que o comparador de prezos Trivago sitúa como o segundo destino de praia con mellor reputación online de España.

Trivago publicaba hai uns días un ranking cos 40 destinos de praia cos hoteis mellor valorados de todo o país. No primeiro lugar encóntrase Hondarribia que obtivo unha puntuación de 84 puntos sobre 100 e o segundo lugar é para Ribadeo con 82,65 puntos. Por detrás están praia de Muro, Portonovo, Conil de la Frontera, Sanxenxo, Cala Millor, Ribadesella, Marbella e Tarifa. Segundo Trivago a maioría dos destinos con mellor reputación son galegos e andaluces.
Dende a directiva de Acisa felicitan ao sector hoteleiro de Ribadeo “polo esforzo realizado nos últimos anos para realizar melloras nos seus establecementos e por adaptarse ás demandas da clientela. Ribadeo conta cunhas 1.000 prazas hoteleiras e é moi importante a opinión coa que se vaian os que nos visitan, porque iso significa que as cousas se están a facer ben. Ademais implicará un incremento do turismo nos próximos meses e anos”.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos anima os hostaleiros “a seguir nesta liña, na de esmerarse por ofrecer o mellor deles e do municipio aos miles de turistas que todos os anos chegan a Ribadeo. Iso terá efectos positivos para todos, para o sector hostaleiro, para o comercio… en definitiva para a economía de Ribadeo”.

Exit mobile version