Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA inicia en Ribadeo unha campaña polos seus 25 anos coa que reparte 1.250 euros en vales de compra

Ribadeo, 10 de xuño de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo pon en xogo 1.250 euros en vales de compra na campaña 25 anos de Acisa, que dá comezo este martes 10 de xuño e que concluirá o 4 de xullo co sorteo correspondente.

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras ou consuman estes días nos locais asociados a Acisa recibirán un cartón con 25 cadros, que deberán encher con outros tantos selos de diferentes establecementos de comercio, hostalería ou servizos asociados. Desde a directiva de Acisa explican que “para participar en el sorteo todas las cuadrículas deberán estar selladas, y como mínimo deben llevar 10 sellos de establecimientos no hosteleros”. Acisa pon en xogo 50 vales de compra de 25 euros cada un. Ademais entre os 25 afortunad@s sortearase despois un gran premio de 200 euros en vales de compra doado pola SD Ribadeo.

Unha vez completado o cartón cos 25 selos os clientes do comercio, a hostalería e os servizos ribadenses deberán depositala nos locais de ACISA, na segunda planta do número 20 da avenida de Galicia, ou na oficina de turismo de Ribadeo. O prazo acaba o 4 de xullo.

Exit mobile version