
Este sábado 21 de xullo ás 11.00 horas a asociación Ta en Artes organiza a XORNADA QUEREMOS ARTE, diante do CENIMA de Foz. Nela celebrarase un obradoiro de plástica para nenas e nenos de tódalas edades. Inscripción no teléfono 620 56 09 95. Tamén convida a achegarse a calquera que saiba cantar, tocar un instrumento, dibuxar, pintar…. para expresar a súa arte na rúa en medio dunha xornada que queremos sexa festiva e reivindicativa do papel da arte na nosa vida. En colaboración coa Semana de Artes Plásticas da Mariña.