Site icon Crónica3.com A Mariña

Activo un incendio na parroquia ribadense da Devesa

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio lugués de Ribadeo, na parroquia da Devesa, nunha zona próxima á costa e de difícil acceso para os medios terrestres.

O lume iniciouse este martes ás 19:29 horas e permanecía activo a primeira hora da mañá deste mércores. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada está arredor das 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan 3 axentes forestais, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 avións.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente enviou, a primeira hora da mañá deste mércores, dous avións anfibios “Canadair”, para colaborar coa Comunidad Autónoma de Galicia no incendio declarado na localidade de Ribadeo.

Estas dúas aeronaves, caracterizadas pola súa rapidez de desprazamento e a súa gran capacidade de descarga de agua (5.500 litros), pertenecen á base de Torrejón (Madrid).

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Exit mobile version