Site icon Crónica3.com A Mariña

O mariñán Adrián Ben, campión galego absoluto de 1.500 metros

O mozo Adrián Ben Montenegro, promesa do atletismo mariñán, foi o gañador da proba dos 1.500 metros lisos dentro do Campionato Galego Absoluto disputado en Pontevedra este domingo 15 de xuño.

Co título de Campión Galego Absoluto, entra na elite do atletismo galego aínda sendo xuvenil de primeiro ano.

Esta fantástica tempada ven completada coa súa primeira internacionalidade coa Selección Xuvenil Española en Bakú (Azerbaiján), onde acadou o 5º posto nos 2.000 metros obstáculos.

As vindeiras metas pasan polo Campionato Galego Xuvenil a disputar este sábado 21 nas pistas de Elviña (A Coruña) e o Campionato de España Xuvenil que se celebrará en Valladolid os días 19 e 20 de xullo.

Exit mobile version