Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do CEIP de San Cosme de Barreiros visitan Sobrado dos Monxes

10446022_10203213906822109_4254051468091301524_nAlumnas e alumnos do CEIP de San Cosme de Barreiros foron este mércores de excursión a Sobrado dos Monxes (A Coruña) para visitar a Granxa Escola “Casa do Queixo”. Alí desfrutaron de varias actividades, entre elas o Muiño Encantado, un obradoiro con animais, proceso de elaboración do queixo e proceso da lá. O CEIP de Barreiros tamén celebrará este venres 20 a fin de curso, con moitos xogos e diversión e actividades especiais.

Exit mobile version