A Asociación de Veciños O Burgo de Trasbar organiza unha charla sobre aproveitamento forestal impartida por técnicos forestais o sábado 14 de xuño ás 12.30 horas no local social. E para o domingo 29 de xuño está convocada unha sesión extraordinaria da Asemblea de socios ás 12.00 hras en primeira convocatoria e a segunda convocatoria ás 12.30 horas, no local social de Trasbar, coa seguinte orde do día: Modificación da Xunta Directiva, Romaría da Santa Eufemia, información sobre actividades realizadas e previstas e, por último, rogos e preguntas.