No caso do curso de iniciación, os nenos están recibindo nocións teóricas sobre a piragua, as súas partes, e como manexala, así como información sobre seguridade; e tamén formación práctica, a través da cal aprenden a remar nun perímetro pequeno xa que o obxectivo é que comecen a estabilizarse sobre a piragua e adquiran algunhas destrezas. O monitor Javier García Garza e o adestrador Miguel Ángel Gargallo encárganse da súa impartición.
Esta iniciativa, gratuíta, arrincou onte e rematará mañá venres, polo que se trata dun curso intensivo co que a sección, que organiza, e o Concello, que colabora, buscan fomentar a práctica desta disciplina a través dunha actividade atractiva.
Cabe lembrar que a semana que vén, o día 24, dará comezo o curso de perfeccionamento que se prolongará ata o 8 de xullo, se impartirá de 16 a 18 h. e terá un custo de 20 euros. A inscrición pode realizarse por correo electrónico na dirección piraguismosanciprian@gmail.com, ou no teléfono 619 57 63 86.
O edil de Deportes, Luis Guillén, asegura que “estes cursos son moi positivos porque fan posible que os nenos teñan as súas primeiras experiencias neste deporte, o practiquen e o coñezan e, se lles interesa, continúen ou entren na Escola de Piragüismo”. Polo tanto, “é unha forma de darlle visibilidade a esta disciplina, de captar novos alumnos e en definitiva, de fomentar a súa práctica”.