Site icon Crónica3.com A Mariña

Arte e patrimonio na Mariña lucense III

O Cine Teatro de Ribadeo acollerá un curso de verán da USC denominado “Arte a patrimonio na Mariña lucense III: artistas e obras” entre o 16 e o 18 de xullo. O curso está recoñecido cun crédito ECTS de libre configuración para calquera titulación da USC e, posiblemente, tamén se recoñeza como actividade de formación do profesorado. Os interesados poden obter máis información a través da web www.usc.es/cultura/uveran14index.htm ou a través do enderezo cursosdeveran@usc.es. A matrícula pódese formalizar en liña ou presencial nos Campus de Santiago de Compostela e Lugo ata o 6 de xullo.

Exit mobile version