As alumnas escoitaron unha conferencia maxistral do doutor Ramos que versou sobre o cancro e atención emocional e psicolóxica que se debe ofrecer a todos os clientes que acudan a un salón de perruquería en demanda dunha perruca. Pola súa parte, a perruqueira Loida Zamuz faloulles sobre cómo facer fronte nos cambios na imaxe corporal provocados polos tratamentos oncológicos. Explicoulles os tipos e características das perrucas que hai no mercado, mostrándolles como deben colocalas. Ao remate da interesantísima actividade as alumnas fixeron preguntas e tiveron unha animada charla cos poñentes da actividade. Sensibilidade e confianza son os alicerces que deberán desempeñar as aprendices da imaxe no seu futuro profesional.