As laranxas pechan a competición ligueira cunha derrota na casa ante o Alcorcón por 3 goles a 4
edicion2
O Burela Pescados Rubén pechou a competición ligueira cunha derrota (3-4) ante o Alcorcón que se levou os tres puntos de Vista Alegre tras remontar na segunda parte. O encontro disputouse sen a tensión habitual debido á intrascendencia dos puntos en xogo. Comezou con intercambio de golpes entre ambos conxuntos xa que o Alcorcón adiantouse moi pronto pero tivo resposta inmediata de Peque, pichichi da categoría, que estableceu o empate (1-1). O ritmo comezou a incrementarse pero ambos conxuntos mostrábanse algo imprecisos aínda que as burelesas xeraban maior perigo e Claudia aproveitou a súa ocasión para marcar (2-1). No tramo final da primeira parte Lara reafirmou o dominio laranxa co 3-1 pero un despiste propiciou o 3-2 de Andrea antes do descanso. Na continuación, as alfareras lograron remontar con goles de Vadillos (3-3) e Lara que tras unha falta ao bordo do área aproveitou o rexeite para poñer de novo ao seu equipo por diante (3-4). O Burela Pescados Rubén buscou a súa remontada e gozou de ocasións para o empate aínda que non estivo fino na definición. Claudia xogou os dous últimos minutos como porteira xogadora pero o Alcorcón resistiu o acoso laranxa para levarse a vitoria (3-4) de Vista Alegre que despide a Liga e espera á Copa de España do próximo fin de semana.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Claudia, Lara, Daniela –cinco inicial- Maite, Bea Mateos, Cris, Paula, Lidia.