Site icon Crónica3.com A Mariña

Asemblea xeral de Os Aventados

Os Aventados convoca unha asamblea xeral para o sábado 21 de xuño ás 20.00 horas no local da Discoteca “Pasos” de San Cibrao. A orde do día recolle a lectura de actas anteriores, informe económico do exercicio 2013, as actividades levadas a cabo; ademais da elección dunha xunta directiva, e o correspondente tempo para rogos e preguntas. Pablo A. Mosquera recorda que “no caso de non poder asistir, teremos o gusto de trasladar ós asistentes calquera iniciativa ou comentarios dos socios que queiran introducilos a debate e que os fagan chegar por escrito ou a través dalgún asistente”. Así mesmo, agradecería que os socios e colaboradores lle fixeran chegar o seu correo electrónico co obxectivo de mantelos informados.

Exit mobile version