
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, recolleu en Vigo as seis bandeiras azuis que lles concedeu Adeac a outros tantos areais do municipio neste 2014. Son as praias de: As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar e Fontela-Valea. A entrega realizouna o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que estivo acompañado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.