Site icon Crónica3.com A Mariña

Billardeiros Musicais fanse de novo co Torneo Interparroquial de Ribadeo

Finalizada a tempada regular da LNB cas finais de Conxo onde a conferencia Norleste acadau un terceiro posto en donas (Geni, de Billardeiros Musicais) e máis o Campionato de Varados (Regueiro, de Troitas Bravas), comezaron os TAB (torneos abertos de billarda) de verán.

Un dos tradicionais é o Torneo Interparroquial no que se pon en liza un “año mouro” que leva como premio o equipo que resulte campión. Este ano 2014 xogouse en San Miguel de Reinante, no campo de entrenamento do equipo de fútbol. Presentaronse a loita catro equipos: Selección Alto Miño, Compromiso Vilaselán, Jubiletas de Ribadeo e Remourelle.

En dobre sesión de mañá e tarde cun descanso para o xantar, sucedéronse as carreiras co obxetivo xeral de non permitir que o equipo de Ribadeo se fixera un ano máis co año. Tarefa complicada posto que xa dende o comezo, a diferencia de puntos foi un in crescendo sostenuto que rematou en batacazo monumental.

Os Jubiletas (máis coñecidos por Billardeiros Musicais) fixeron bailar ao seu ritmo ao resto dos equipos e de novo se fixeron co preciado trofeo. As derradeiras noticias sobre o año son que a estas alturas xa se atopa no conxelador agardando se lle poña data para todos xuntos poder saborealo na sede oficial da LNB Norleste “A Taberna de Lola” de Remourelle.

A “culler de pau”, premio de consolación foi para o equipo de Remourelle.
A tempada rematou, pero a billarda sigue adiante perante todo o verán. O seguinte torneo celerarase o vindeiro 28 de xuño en Pillarnu (Avilés) onde agarda unha nova edición do “Pitu Caleya”.

Exit mobile version