Site icon Crónica3.com A Mariña

Bonitada de fin de tempada da Peña Deportivista de Burela

IMG_4227Burela, 23 de xuño de 2014.- Este pasado sábado tivo lugar a xuntanza de fin de tempada da Peña Deportivista de Burela. Para celebrar o ascenso organizaron unha bonitada ó aire libre á cal asistiron unhas 60 persoas. Xunto a empanada de bonito, tamén tiveron salpicón, rollo e bonito á biscaíña; todo exquisitamente preparado por Moncho do Sargo. De sobremesa o seu Presidente Patxeco e a súa directiva Cris soplaron as velas para festexar o seu cumprenaos. Á cita asistiu o Tesoreiro do Depor Enrique Calvete, xunto a integrantes das Peñas Pardo de Cela de Alfoz e Flor de Lis de San Cibrao. Agradecer á dirección da Bodeguilla pola súa colaboración, igual que ó Concello de Burela pola súa axuda, así como a Papel + de Ribadeo.

Exit mobile version