O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén reunirá a técnicos e xogadores de primeiro nivel na vila mariñá durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comeza o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do fútbol sala.
DATAS
O xoves 10 de xullo ás 16:00 horas da tarde será a hora de chegada ao IES Monte Castelo de Burela. E o domingo 13, a data da súa finalización.
IDADES. De 6 a 16 anos
PRAZAS Limitadas a un total de 60 alumnos/as (internos e en réxime externo)
CONTACTO. No teléfono 982 581 815, de 10 a 14 horas e de 16:00 a 19.00 horas en dias laborais, por mail; burelafs@burelafs.org o na seguinte dirección:
CD Burela FS
Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91. Baixo
27880 Burela (Lugo)
www.burelafs.org
Para a correcta inscrición do neno ou nena será necesario cumprimentar, e facer chegar ás oficinas do club, o formulario de inscrición dispoñible no enlace: http://burelafs.org/documentos/noticias/formulario_inscricion14_campusbfs.pdf.
Logo de completar a información anterior, esixirase un ingreso no número de conta que aparece no formulario de inscrición (ou no seu defecto, o pago en efectivo nas oficinas do CD Burela FS) para que a reserva sexa efectiva.
IMPORTANTE: De optar polo ingreso ou transferencia bancaria, é necesario especificar o nome do neno ou nena no ingreso ou transferencia.
Para rematar, enviarase o formulario de inscrición, acompañado da AUTORIZACIÓN PATERNA/MATERNA (dispoñible no enlace: http://burelafs.org/documentos/noticias/autorizacion_paternamaterna_campus14bfs.pdf) e a FOTOCOPIA da TARXETA SANITARIA do neno/a ao número de fax: 982 575 147.