Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FS Pescados Rubén premiado por MUDEGÁ como mellor equipo feminino 2013

Burela, 18-6-14.- O Burela FS Pescados Rubén continúa recibindo o recoñecemento pola súa conquista da Liga e Copa de España durante a tempada 2012/2013. O equipo feminino da entidade mariñá fixo historia na provincia de Lugo ao conquistar o dobrete, sendo o primeiro conxunto provincial que se proclamou campión de Liga na máxima categoría. 

O Burela FS Pescados Rubén xa fora nomeado Mellor Equipo Galego pola Fundación Deporte Galego e, nesta ocasión, recibe o premio nesta mesma categoría por parte da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ), presidida por Pilar Neira Martínez. O xurado da III Gala do deporte feminino en Galicia, organizada por Mudegá, elixiu o día 14 de xuño ao Burela FS Pescados Rubén como gañador deste premio. A entrega realizarase no transcurso da Gala do próximo día 28 de xuño, ás 19.30 horas, no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño (Pontevedra).

O equipo histórico do dobrete, dirixido por Javier Pardeiro; auxiliado Alfonso Mera, Dolores Fernández e Ramón Cordido, estaba formado polas xogadoras: Dolo, Lucía Nespereira, Lidia Mesías, Patri, Lara, Haydee, Peque, Silvia, Dany, Jozi, Maite e Paula.

Exit mobile version