Centos de persoas encheron Ribadeo esta fin de semana de competicións deportivas
edicion2
Ribadeo, 2 de xuño de 2014. Ribadeo acolleu diversos eventos deportivas durante esta fin de semana, “o que converteu ao noso concello no centro de atención da Mariña”, segundo o alcalde, Fernando Suárez.
A vila e as súas instalacións deportivas foron escenario dunha exhibición de karate no pavillón, dun torneo de fútbol da SD Ribadeo no Pepe Barrera e da final do campionato galego escolar de ximnasia rítmica tamén no novo pavillón. O rexedor dixo que “para os participantes, para as familias e para os amigos que os acompañaron, para todos eles Ribadeo foi o punto de encontro de centos de persoas da Mariña, de Galicia, do Estado e incluso do veciño Portugal”.
Suárez Barcia subliñou que “o deporte base, ademais dos valores positivos que representa para @s nos@s rapaces e rapazas tamén xera moito movimento nesta vila de servizos: restaurantes, bares, hoteis… Grazas a tod@s @s que colaborastes co voso esforzo para que Ribadeo siga brilando con luz propia”.