Burela, 14 de xuño de 2014. Dende o programa de atención a inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela vaise realizar unha charla informativa sobre o empadroamento. Segundo explica Diana Durán “neste caso está dirixida aos estranxeiros residentes no noso municipio e na mesma informarase da normativa básica do padrón de habitantes (inscricións, cambios de domicilio, caducidade e renovación, autorizacións…). Este tema é fundamental, posto que este procedemento é imprescindible para poder optar a outros recursos como a sanidade, a escolarización, as axudas sociais ou o arraigo social”.
A charla será impartida o vindeiro xoves, 19 de xuño, ás 12:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.