Site icon Crónica3.com A Mariña

Clemente Iglesias: “A axuda da Xunta permitirá contratar a cinco profesionais para as brigadas contraincendios de Riotorto”

Riotorto, 26 de xuño de 2014.- Logo de ser coñecedores de que a Xunta de Galicia destina a Riotorto máis de 27.000 euros para subvencionar accións para prever e loitar contra os lumes, o presidente dos populares neste concello manifestou que gracias á axuda do Goberno Galego, cinco profesionais serán contratados para as brigadas contraincendios do municipio.

Clemente Iglesias agradeceu o apoio da Consellería de Medio Rural e Mar nun tema tan importante e sensible como é a prevención e loita contra os incendios e destacou que estes dispositivos están constituídos por profesionais de emerxencia inmediata para desenvolver diversas funcións, entre as que se atopan, o control da propagación dos lumes e evitar a maior virulencia dos danos.

Con respecto á selección do persoal, o popular agarda que a selección dos traballadores se faga “con total transparencia, utilizando criterios obxectivos e priorizando a contratación de persoas desempregadas e do noso municipio”.

En canto ás funcións propias de vixilancia e loita contra os incendios,Clemente Iglesias resaltou que estas brigadas poderán participar no dispositivo de extinción do distrito forestal que lle atinxe e concluíu lembrando que serán estas unidades as encargadas de levar a cabo a primeira intervención na maior parte dos lumes.

Exit mobile version