Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a oitava edición do curso temático de verán sobre Educación infantil da Mariña

Este sábado 21 de xuño da comezo o VIII curso temático de verán sobre Educación infantil da Mariña, baixo o título de Educación e animación da infancia en contextos e tempos diversos. Preténdese así reflexionar arredor da educación nos contextos fóra do currículo escolar ou regrado. A educación noutros tempos e noutros espazos, a educación chamada non formal das granxas escola, dos campamentos, das aulas da natureza, das aulas hospitalarias, das aulas de teatro, dos museos, das escolas de música… Son estes espazos, formatos e proxectos nos que tamén se forman e educan nenos e as nosas nenas. É por iso que esta VIII edición pretende abordar esa diversidade na que se educa e que complementa a educación das escolas.

Inauguración
Procederán a inauguralo o sábado 21 ás 9:30 horas Mariló Candedo, adxunta á Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da Universidade da Coruña e secretaria do curso; Beatriz Dobaño, directora do Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo e Fernando Suárez, alcalde do Excmo Concello de Ribadeo.

Desenvolvemento
A continuación desenvolveranse dous días de relatorios e actuacións, donde diversos profesionais do ámbito académico da universidade, da administración local e da educación e creación artística analizarán tempos, espazos e proxectos nos que se traballa a educación fóra da escola. Destacan entre os intervinientes o catedrático da USC Caride Gómez ou o director do Museo Pedagóxico de Galicia -MUPEGA-, Emilio Castro, ademais de Uxía, creadora e cantante que actuará presentando o seu disco Rosalía pequeniña, ademais de para o público do curso, tamén en aberto para o público familiar xeral o domingo ás 19:00 horas.

Exit mobile version