Site icon Crónica3.com A Mariña

Como cambialo todo sen que cambie nada

O Rei Xoan Carlos abdicou. Xustificouno pola necesidade dun “cambio xeneracional”. Pero non creo que estea ninguén das élites, por un tal tipo de cambio, que por suposto é necesario, pero que debe transformar a vida económica e política deste país. É iso o que queren as novas xeracións. O Rei Xoan Carlos, nada dixo das présas, non aludiu á bastardía, porque si confírmase, de “raza vénlle ao galgo” porque o seu bisavó, Alfonso XIII, era reputado en tales menesteres. Alguen me contou qye en México, coñecera a un dos seus fillos bastardos, habido cunha cantante de fama, que seguira ao seu fillo no exilio. Ela non pero o fillo era militante comunista e podia facer de dobre do seu ilustre pai. Pero deuxemonos de contos e chismes.

O cambio que pedía o Rei xoan Carlos, era iso de eu quítome e ponte tu?. O seu fillo- ponse. Por suposto que respectando todos os protocolos e si non os hai, facémolos novos. Un lavado de face ou, máis ben un lavado de gato. E as trompetas da fama atiborraronos a relatos de cerimonias, de quero e non podo e casposas. Que si o faxín de Capitán Xeral dos Exércitos, que si a saída ao balcón e non sigo relato. O discurso? máis do mesmo. Renovación?, para mostra basta un botón: a recepción de 2.500 persoas. Poderíase supoñer que algunha novidade advertiríase entre os asistentes. Pero non, ausencia total dos que esperan de verdade un cambio, porque a vida fáiselles insufrible. Os desafiuzados, os parados, os que non teñen ningún ingreso, os becarios sen beca, os enfermos sen asistencia? nun país no que hai que prologar os servizos dos comedores escolares para asegurar unha comida ao día a doceas de miles de nenos, tiñan sobrada ocasión os novos reis para habelos ter presentes. Porque hoxe en día, neste atormentado país, son a maioría. Pero non, era demasiado forte e as regras do protocolo, téñense que respectar.

Lavado de face, lavado de gato. O cambio xeneracional non é iso, nin moito menos. O cambio xeneracional, é o que piden as novas xeracións educadas en democracia e ninguneadas e ignoradas polos políticos de quenda. Esas xeracións demostraron nas eleccións europeas -onde conta un home un voto- que son xa maiores de idade e que van xogar un papel determinante no futuro. Esas xeracións son renovadoras, revolucionarias da situación actual, por sentirse profundamente demócratas, porque o que están pedindo é que a cidadanía rompa as amarras que a teñen imposibilitada de incorporarse ao benestar e ao progreso..

Exit mobile version