Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello e USC organizan unha nova observación astronómica en Ribadeo

Ribadeo, 14 de xuño de 2014. A Concellaría de Medio Ambiente organiza unha charla sobre astronomía, que terá lugar o vindeiro xoves pola mañá no colexio Gregorio Sanz. E despois pola noite haberá unha observación astronómica aberta a todos os veciños e veciñas das parroquias do interior. Segundo explica Horacio Cupeiro “dita observación será en Remourelle ás 23 horas. Trátase dun acto similar ao que realizamos en Rinlo hai algunhas semanas, dentro do programa A astronomía ao alcance de todos”.
O edil nacionalista indicou que “nos veremos na Taberna de Lola e si o tempo o permite realizaremos esa observación. Animamos a todos os que o desexen a acudir a observar o espazo sideral a través dun telescopio electrónico”.

A xornada está organizada polo Concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela.

Exit mobile version