O próximo xoves 5 de xuño ás 19:00 horas, no Museo do Mar de San Cibrao e con entrada libre, Yago Abilleira Crespo pronunciará unha interesante conferencia baixo o título “A Armada Invencible, Felipe II e o Mar do Norte, 1588”. Dita conferencia conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, Área de Cultura e coa da asociación Real Liga Naval Española.