O Teatro de Ribadeo acolle o VIII curso temático de verán sobre Educación Infantil na Mariña entre o 21 e 22 de xuño organizado pola Universidade da Coruña (UDC) en colaboración co Concello de Ribadeo e máis o Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo. Na páxina web da UDC indícanse os pasos a seguir para a matrícula. Prazo até o 16 de xuño. Información sobre o curso: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2014/curso8.html. Programa: http://www.udc.es/export/sites/udc/occ/_galeria_down/cursosveran/cveran2014/programas14/triptcurso08.pdf.