Site icon Crónica3.com A Mariña

Da comezo a segunda edición do Campus Máis que Fútbol

Este luns 30 de xuño deu comezo da segunda edición do Campus Máis que Fútbol que se continuará celebrando ata o vindeiro venres 11 de xullo.

Preto de 60 rapaces asistiron á primeira xornada, a maioría da Mariña, pero tamén nenos procedentes de Avilés, Coruña ou Compostela, que compartiron a mañá xunto a 8 monitores. De entre destes últimos atopamos a Xusto Pardeiro (xogador do Racing Vilalbés de 3ª a vindeira tempada); Maikel Río (UD Xove Lago), Rodrigo Pinto (SD Burela); Javi Madariaga (porteiro do San Ciprián), así coma os adestradores Ramiro Chaves e Javi Ruíz. Todo baixo a dirección de Pablo Fernández (responsable das categorías inferiores do Real Avilés) e a coordinación de Javi Mogo.

Exit mobile version