Site icon Crónica3.com A Mariña

Dende o PP de Viveiro preocúpanse pola seguridade cidadá da zona de Covas

O concelleiro popular de Viveiro Celestino García Paz realiza á Alcaldesa varias preguntas e rogos sobre os que desexa obter resposta no vindeiro Pleno.

– Fai uns meses o goberno local ordenou retirar máis de 60 farolas de fundición dunha parte do alumeado público das Avenidas Martín Ledesma , Antonio Meirás e Luis Cebreiro do paseo marítimo dende a Cruz Vermella ata Covas. A día de hoxe descoñecemos o seu paradoiro e o seu destino final, é polo que preguntamos:
1. Onde se encontran ditas farolas?
2. Cal é o destino previsto para ditas farolas?
3. Realizouse un inventario de dito material?
4. Aproveitouse o seu almacenamento para realizar a súa correcta reparación e mantemento?

– Varios semáforos non se encontran nas debidas condicións de operatividade dende o último temporal de fai uns meses, tal e como sucede cos situados na Cruz Vermella en Viveiro ou Catro Camiños en Celeiro, por iso preguntamos :
1. Para cando está prevista a súa posta en funcionamento dun modo definitivo?

– Na parroquia de Covas a rúa Fernando Osorio Paramo (acceso ó colexio público de Covas) concretamente no paso de peóns, presenta un firme moi deficiente co conseguinte perigo que supón para os viandantes, en especial, para as persoas de idade avanzada ou con algunha invalidez, motivo polo que ROGAMOS ó Goberno Local que proceda á súa reparación á maior brevidade posible, para evitar que se produzan caídas ou outro tipo de accidentes como consecuencia do deficiente estado no que se atopa.

-Varios veciños comunicáronnos o seu malestar pola presenza de cans soltos nos arenais das praias de Covas e Area, así como a presencia de feces de cans en diversas zonas do areal. Por iso ROGAMOS á Alcaldesa que a Policía Local tome as medidas necesarias para evitar este tipo de situacións tan desagradables.

Exit mobile version