Viveiro, 18 de xuño de 2014.- A aula UNED de Viveiro prepara para o mes de xullo dous novos cursos, que serán impartidos por vídeoconferencia. Son os seguintes:
A positividade emocional na escola e o deporte
Efectos do estado de ánimo positivo en contextos de aprendizaxe académica e rendemento deportivo.
O curso analiza as implicacións da experiencia de emoción positiva en ámbitos académicos e deportivos. As comunicacións que o integran tratan os efectos facilitadores que o afecto positivo ejerce sobre o rendemento en estas dúas áreas, pero tamén as alteracións que ocasionalmente poden producir sobre el. En ambos casos a información se estructura en base ós resultados obtidos en estudos de investigación recentes, ofrecendo unha perspectiva actualizada sobre os aspectos teóricos e aplicados desta área de estudo.
O curso recíbese por videoconferencia no Centro Asociado de Lugo, así como nas súas extensións de Foz, Monforte de Lemos e Viveiro.
Lugar e datas: Do 9 ó 11 de xullo de 2014
Centro de celebración
Sé organizadora: Campus Noroeste
Sé de celebración: A Coruña
Horas lectivas: 20
Créditos: 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD.
Máis información en https://extension.uned.es/actividad/idactividad/7482&email=1%20
Obradoiro/Curso sobre actualización metodolóxica no ensino/aprendizaxe de segundas linguas con soporte tecnolóxico para unha sociedade móbil e aberta
Preséntanse as últimas ferramentas e técnicas dispoñibles para preparar materiais e actividades de segundas linguas e as correspondientes estratexias metodolóxicas.
Preséntanse conceptos lingüísticos, metodolóxicos e técnicos recentes e explícase como se poden usar sen coñecementos previos técnicos especializados, para preparar actividades formativas destinadas á aprendizaxe de segundas linguas hoxe en día. Ditos conceptos inclúen, entre outros, os seguintes: Cursos Online Masivos Abertos (COMA/MOOC), Aprendizaxe Móbil de Linguas (MALL), Flipped classroom e Ferramentas e técnicas punteiras para o desenrolo e avaliación de competencias comunicativas e para a elaboración de materiais didácticos multimedia.
O curso recíbese por videoconferencia no Centro Asociado de Lugo, así como nas súas extensións de Foz, Monforte de Lemos e Viveiro.
Lugar e datas: Do 2 ó 4 de xullo de 2014
Centro de celebración
Sé organizadora: Campus Noroeste
Sé de celebración: Ponferrada
Horas lectivas: 20
Créditos: 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD.
Máis información: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/7483&email=1%20