Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous vibrafonistas impartirán en Burela o III Workshop de improvisación e vibráfono

A Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz presenta, coa colaboración da Asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ), o “III WORKSHOP de IMPROVISACIÓN e VIBRÁFONO”, que se levará a cabo os días 27 e 28 de Xullo de 2014 no Colexio Público “Virxe do Carme” de Burela. O curso, que xa vai pola súa 3ª edición, está aberto a tódalas especialidades instrumentais facendo, paralelamente, especial fincapé no vibráfono

O obxectivo do curso, ao igual que as dúas edicións anteriores, é ensinar ferramentas, técnicas, modos de estudo e recursos do arte da improvisación a estudantes de música de calquer nivel e estilo musical, con ou sen experiencia na improvisación. Nesta edición, será o vibrafonista grego Dimitris Angelakis o encargado, xunto co vibrafonista galego Israel Arranz, de impartir o workshop. Angelakis, que xa impartira xunto a Arranz o I WORKSHOP, repiten de novo trala súa boa acollida e resposta entre os participantes da 1ª edición.

O prazo de inscrición queda aberto dende o día de hoxe até o venres 25 de xullo de 2014. As prazas son limitadas. Os interesados poden ver toda a información do evento no blogue do Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, ou, directamente a través da seguinte ligazón: http://www.seminariojazzburela.blogspot.com.es/p/i-workshop-de-improvisacion-e-vibrafono.html.

Exit mobile version