Site icon Crónica3.com A Mariña

Eido Dourado, en España Directo

100_1156Un equipo do programa España Directo pasou hai uns días polo Eido Dourado, en Barreiros. Segundo explica o artista local Celso Dourado “estaban a facer unha reportaxe do Camino Norte de Santiago, ao seu paso por esta comarca. Colleron imaxes do museo, da obra pictórica e dos xardíns do Eido Dourado. Quedaron gratamente sorprendidos de atopar este espazo ao lado do mar”. O Eido Dourado está a piques de iniciar a súa sexta tempada. O vindeiro 28 de xuño ás 20 horas terá lugar o sexto encontro no Eido Dourado, con música, teatro e a inauguración dunha nova escultura nos xardíns.

Exit mobile version