Na reunión estiveron convocados tamén membros da xefatura territorial de Medio Rural, da Policía Autonómica e Nacional, Fiscalía de Lugo e responsables dos distintos corpos de seguridade do Estado, así como os responsables das xefaturas de servizo de diferentes áreas na provincia lucense.
Na reunión, que forma parte das que se manteñen de xeito periódico entre os grupos e corpos implicados neste ámbito para coordinar as actuacións ante os lumes, tratouse sobre os distintos abordouse o plan PLADIGA 2014, ademais de avaliarse os resultados do actual exercicio.
Neste Comité de Coordinación Policial Antiincendios establecéronse os niveles de coordinación e transmisión de información para avanzar firmemente na loita na intencionalidade en materia de incendios forestais, definíndose así as Zonas de Especial Vixilancia (ZEV) e aquelas outras das parroquias de alta actividade incendiaria a súa cobertura polas forzas e corpos de seguridade do Estado; os plans operativos da provincia e o seguimento da superficie queimada coa intención de apreciar a posible causa-efecto do sucedido.
Importancia da colaboración
“A coordinación policial, o despregue de corpos de seguridade, os voluntarios, os propietarios, a colaboración cidadá, a chamada gratuíta ao 085, as tarefas preventivas e o dispositivo de extinción son elementos que nos permiten previr e, no caso de producirse os lumes, actuar dun xeito máis efectivo”, expresou Raquel Arias.
Así mesmo, a delegada territorial insistiu en que é necesaria “a colaboración cidadá para a detección, coa fin de intervir o mais axiña posible, á que xuntaremos a profesionalidade persoal que loita contra o lume. O noso obxectivo é a máxima contundencia no peso da lei cos incendiarios e solicitamos a colaboración cidadá para denunciar ás persoas que queiman os montes e poñen en perigo ás persoas e os seus bens”.