Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega das bandeiras azuis para Foz

bandeiras-azuis-foz14O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, viaxou ata Vigo para recoller as bandeiras azuis que lle concedeu Adeac aos areais focenses hai uns días. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de entregar os galardóns. En Foz lucirán bandeiras azuis neste 2014 as praias de Areoura, Peizás, Arealonga, Llas e A Rapadoira. E o paseo das praias recibiu o distintivo de sendeiro azul.

Exit mobile version