O vindeiro mércores, 11 de xuño, ás 19.30 horas terá lugar a entrega de premios aos gañadores do certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2014. Na fase local participaron nen@s do Concello coas súas obras sobre o tema Cociñando Contos. O acto desenvolverase na Biblioteca Pública de Burela. Os traballos premiados na fase local, participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca de Lugo. A Concelleira de Cultura e a Biblioteca felicitan ós premiados e a todos os participantes deste Certame Letras Galegas 2014.