Site icon Crónica3.com A Mariña

Espectacular ambiente na clausura da tempada das ED Lourenzá Mondoñedo

cea 2Espectacular o ambiente de festa vivido na clausura desta temporada das ED MondoñedoLourenzá. Con preto de 600 comensais para a cea baile, a directiva das Escolas fixo un traballo impresionante para que todo o mundo disfrutara ata as tantas da madrugada dun fin de festa digno de mención.

exhicion patinaxeA xornada iniciábase o venres coa etapa da Volta Ciclista ás Comarcas (Lourenzá – Lourenzá) para continuar durante todo o sábado. Pola mañá as Cadetes disfrutaban do último encontro da fase de Ascenso e xa pola tarde tiñan lugar os clásicos partidos de pais, monitores e alumnos nas pistas do pavillón e do campo de fútbol. Ás 20.00 horas chegaba a tradicional gala de exhibición de patinaxe para dar paso ás 22.00 horas á cea baile que incluía a clausura oficial e a entrega de premios ós mellores deportistas do ano.

Estiveron presentes no acto: Dª. Emma Alvarez, alcaldesa do Concello de Lourenzá; D. Orlando González, alcalde do Concello de Mondoñedo; D. Antonio Veiga, Vicepresidente da Excma. Deputación de Lugo; D. Manuel Otero, Xefe do Servicio Provincial de Deportes; D. Vidal Martinez-Sierra, Deputado Autonómico; Dª. Elena Candia, Deputada Provincial; Dª Elena Freire, doncelleira de Deportes de Mondoñedo; D. Pablo Maseda , Presidente das Escolas e Concelleiro de Deportes; D. Dino Vidal, teniente de Alcalde do Concello de Lourenzá e D. Manuel Barreira, Presidente do Mondoñedo C.F; ademais dos representantes dos patrocinadores oficiais: Carlos López (Augacons) / Rafa Cabaleiro (Pan. Neli).

Entre os 350 deportistas vinculados ás escolas, dos que 200 son nenos e 150 adultos, divididos en 19 equipos e 9 seccións, os premiados foron:

Sección F. SALA/FÚTBOL
FÚTBOL SALA PREBENXAMÍN LOURENZÁ – MONDOÑEDO
PREBENXAMÍN 1 : Xián Fibreiro Rivas
PREBENXAMÍN 2: Diego Huertas Rivas
PREBENXAMÍN 3: Óscar Bdez. Barreira.

FÚTBOL SALA BENXAMÍN LOURENZÁ e F. Sala Bx Mondoñedo.
Premiado Lourenzá: Eduardo Reigosa Castro
Premiado Mondoñedo: David Rivas Amor

FÚTBOL 8 BENXAMÍN.
ANTONIO GLEZ-REDONDO OTERO

FÚTBOL SALA ALEVÍN:
DIEGO RIVAS OLIVEROS.

FÚTBOL 8 ALEVÍN LOURENZÁ E MONDOÑEDO:
FÚTBOL 8 ALEVÍN MONDOÑEDO: MANUEL RÍO ARAUJO.
FÚTBOL 8 ALEVÍN LOURENZÁ: ADNAN ITRIH.

FÚTBOL / Fútbol Sala INFANTIL
MARCOS IRIMIA REGO

FÚTBOL SALA CADETE:
JULIO PRADO LÓPEZ.

FÚTBOL XUVENIL
JOSÉ ANGEL BERMÚDEZ GARCÍA. PICHI.

FÚTBOL 1ª AUTONÓMICA. LOURENZÁ.
ISAAC FERNÁNDEZ IGLESIAS.

SECCIÓN: CAMPO A TRAVÉS/ATLETISMO.

PREMIO MELLOR DEPORTISTA MASCULINO:
SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2013 2014
ALEXANDRE SANTIAGO LÓPEZ.

PREMIO MELLOR DEPORTISTA FEMININO:
CAMPIÓN GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS 2013 2014
ANA VALLINES FERNÁNDEZ

SECCIÓN: ATLETISMO:
1 – PREMIO CATEGORÍAS MENORES.
A PROTAGONISTA, AINARA RGUEZ ARES.
2.- ATLETISMO. ADULTOS.
MARTÍN PARDIÑAS DÍAZ.

SECCIÓN: DUATLON

JAVIER VIDAL CUBA.

SECCIÓN: CICLISMO.
JAVIER LEGIDE GLEZ.

SECCIÓN: PATINAXE.
SARA GARCÍA ÁLVAREZ.

SECCIÓN: DEPORTES DE RAQUETA.
BÁDMINTON:
– PABLO OTERO NOVO.

En TENIS DE MESA
– IVÁN LÓPEZ CABANAS.

SECCIÓN: BALONCESTO

– CATEGORÍA BENXAMÍN:
REBECA LÓPEZ GLEZ-REDONDO.

– CATEGORÍA ALEVÍN:
YANIRA DÍAZ FIALLEGA

BALONCESTO INFANTIL:
– LIDIA BARREIRA GLEZ.

BALONCESTO CADETE:
– CARLA DÍAZ FIALLEGA.

BALONCESTO 2ª AUTONÓMICA:
AINHOA VEGA LÓPEZ.

BALONCESTO NACIONAL:
Aquí recae o PREMIO Ó MELLOR DEPORTISTA DO ANO DAS ESCOLAS. Toda a directiva queremos que esta temporada o premio simbólico desta pequena homenaxe recaia nun home que leva preto de 9 anos adestrando con nós, sen dar unha queixa e loitando sempre pola pasión do baloncesto que leva dentro. Pedimos o aplauso e a merecida ovación da noite ó Mister do Equipo de Nacional:Juan Nécega Rguez.

Exit mobile version