Site icon Crónica3.com A Mariña

Esperanza González toma posesión como concelleira socialista en Mondoñedo

OLYMPUS DIGITAL CAMERAMondoñedo, 20 de xuño de 2014. O salón de Plenos do Concello de Mondoñedo acolleu este venres ás 08.00 horas, un pleno extraordinario urxente para a toma de posesión da nova concelleira socialista Esperanza González Martín.

Esperanza González, que substitúe no seu cargo a Modesto Díaz García, “prometeu” o seu cargo, e asumirá as mesmas competencias que o concelleiro saínte, e a mesma asignación económica. As áreas de xestión das que ten que ocuparse son servizos, educación, protección civil e seguridade cidadá.

A nova concelleira asegurou que asume este cargo “con moita ilusión, con moito compromiso, pero sobre todo con moitas ganas de traballar pola miña cidade”, dixo.

CV ESPERANZA GONZÁLEZ MARTÍN
Naceu en Tudela (Navarra), 1974. Terceira de 6 irmáns.
Licenciouse en Periodismo na Facultade de CC da Comunicación da USC (2003).
Comezou a súa carreira xornalística no ano 2002 na Voz de Galicia (Santiago) como reporteira gráfica. Tamén realizou prácticas na cadena Cope (Coruña), e na TVG (Santiago). No ano 2006 incorporouse á redacción do xornal La Opinión de A Coruña, e un ano mais tarde, no 2007 á delegación da TVG en Lugo. Nese mesmo ano pasou a formar parte do Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Medios, sendo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende aquí deu o salto ao grupo parlamentario socialista da man do deputado autonómico Ismael Rego, onde traballou como xornalista ata o ano 2012. No ano 2014 pasa a formar parte da Axencia de Comunicación Libre expresión de medios de Galicia SL. Ademais recentemente ven de colaborar na campaña das europeas co candidato galego do PSOE, Jose Blanco. Dende o ano 2009 é membro do Consello Asesor CRTVG e RTVE-G.

Exit mobile version