Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celébrase no Campo do Oso a primeira rapa que abre os curros de Galicia

cartel RAPA DAS BESTAS MONDOÑEDOMondoñedo, 25 de xuño de 2014.- Como cada ano, dende 1976, o Campo do Oso será o escenario da rapa das bestas. Este evento ancestral é o primeiro que e abre os curros de Galicia.

Esta feira de gando cabalar celebrase na Ctra Mondoñedo-Pastoriza km.15, e colaboran mais de 25 persoas a nivel organizativo.

Este ano a organización preparou unha axenda completa de actividades xa que haberá encerro de gando e rapa, marcado de gando vacún e cabalar e loita de garañóns. Xa pola tarde, a partir das 5 da tarde, os visitantes poden disfrutar de outras actividades como xogos a cabalo.

Ademais a comisión organizou unha degustación de carne de poldro de balde. Esta xornada campestre estará amenizada coa musica do Dúo Merengue.

Unha das maiores dificultades coas que se atopa este tipo de celebración é que cada ano é mais difícil preparar e o organizar este curro, xa que non hai relevo xeracional.

Exit mobile version