Site icon Crónica3.com A Mariña

Estes días sairán a licitación as obras de urbanización da segunda fase da avenida Calvo Sotelo de Ribadeo

Ribadeo, 30 de xuño de 2014.- Estes días sairán a licitación as obras de humanización da segunda fase da avenida Calvo Sotelo. O investimento ascenderá a 135.000 euros, que serán aportada pola Xunta, o goberno do Estado e o Concello.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “dende o Concello de Ribadeo é evidente que sempre queremos seguir amañando rúas e espazos públicos do noso concello aínda que agora, igual que o resto das administracións locais, con moita menos intensidade pola situación económica. Pero con todo queremos seguir no acondicionamento e na urbanización, neste caso, da avenida Calvo Sotelo no que vai ser a súa segunda fase; é dicir, dende onde remataron as obras hai dous anos ata a parte final dela, onde queremos darlle un tratamento de similares características ao que xa estivemos dando en todo este tempo atrás”. O rexedor sinalou que “tendo en conta que é unha rúa que divide o casco vello do novo está legalmente no ámbito do conxunto do casco histórico e polo tanto temos unha subvención, non demasiado elevada, da Xunta de Galicia e do Ministerio. O resto, un pouquiño máis da metade, temos que asumilo dende o Concello con fondos propios. En total o investimento para esta obra será duns 135.000 euros”.

Suárez Barcia subliñou que “do que se trata é de seguir humanizado e facendo máis atractivos aínda, se cabe, as rúas e os espazos públicos do noso concello, que tanto éxito e tan bo resultado están dando tanto para os que viven aquí en Ribadeo como para os que nos veñen visitar, dado que lles gusta pasear, convivir, mercar e pasalo ben polas rúas da nosa vila”.

E engadiu “dentro duns días abrirase o procedemento para que todas aquelas empresas, coas condicións técnicas que se requiren, poidan presentar a súa oferta economicamente máis vantaxosa”.

Exit mobile version