Baseada nunha idea de Uxía Insua, alumna do instituto Alfoz-Valadouro, a obra foi presentada ó público o pasado sábado, día 28 de xuño, na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” do Valadouro. O patio de butacas case se encheu de público para ver a obra. Un total de 18 actores fixeron posible a representación, todos eles alumnos do instituto Alfoz-Valadouro: Alberto Níñez, Andrea Cabanas, Saúl Lorenzo, Cristina Souto, Marta Gayo, Oumeyma Sabry, Zaira Fernández, Pedro López, Claudia Pena, Adrián Fraga, Sandra Gómez, Paula López, Clara Rodríguez, Ismael Trigo, Paula Pena, Lucía Carreiras, María Rega e Iago Insua.
As dúas Delegacións de Xuventude de Alfoz e O Valadouro, encabezadas por Mirta García e Suso Rubio, fan posible cada ano a organización de varias obras de teatro polo grupo “A Maseira”. Pronto haberá algunha máis. Felicidades, rapaces, convosco a arte dramática ten futuro no noso Val.