Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da celebración deportivista en Alfoz

29-6-14Ao redor de 500 persoas participaron na festa que a Peña “Pardo de Cela” organizou o domingo 29 no Souto de Correlos, a cal comezou cunha sesión vermú a cargo da orquesta “Tarantos Show” no momento en que varios buses fletados dende A Coruña pola Federación de Peñas do Deportivo chegaban ao recinto festivo.

Despois do xantar e da sesión vespertina de baile, realizáronse varios sorteos, comezando por unha camisola do xogador Álex Bergantiños (rotulada co seu nome e asinada por el), a continuación un xamón de porco celta e por último unha pulseira coas cores deportivistas.

O presidente da Peña “Pardo de Cela” fixo entrega de insignias de prata co escudo do Deportivo a varias persoas que destacan polo seu traballo a prol do club: Barros Botana (delegado de campo do equipo), Antonio Rama (representante da Federación de Peñas do Deportivo da Coruña), Quique Calvete (membro do Consello de Admón do club) e Carlos Jiménez Vivero (compositor musical que estreou ese día unha canción adicada ao presidente da Peña “Pardo de Cela”).

A festa durou até ben entrada a noite, momento en que os buses da Federación de Peñas emprenderon viaxe cara A Coruña e outros puntos da xeografía galega. Tamén asistiu unha nutrida representación das peñas deportivistas mariñás.

Exit mobile version