Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do VI Encontro no Eido Dourado, que abrirá durante o verán desde este martes 1 de xullo

SONY DSCBarreiros, 30 de xuño de 2014.- Arredor de 200 persoas asistiron ao VI Encontro no Eido Dourado, que tivo lugar o pasado sábado nos xardíns deste espazo dedicado á arte, na praia da Pasada, en San Miguel de Reinante. O seu promotor e propietario Celso Dourado asegurou que a cita foi un éxito “tanto pola asistencia de público, como polo bo tempo que nos acompañou e por suposto pola calidade dos artistas convidados”.

Xabier Díaz, voz solista do grupo Berrogüeto; Mini e Mero; Xiana Lastra e Abraham Cupeiro deleitaron coas súas actuacións ao público asistente. No VI Encontro no Eido Dourado tamén houbo teatro con Os da Ría e poesía con David Otero. Na cita inaugurouse nos xardíns unha escultura do berciano Domingo, que estivo acompañado por Paco Pestana.

Este encontro foi a arranque da sexta tempada do Eido Dourado que abrirá as súas portas desde mañá, 1 de xullo, e ata finais do verán de martes a domingo en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 18 a 21 horas.

Exit mobile version