Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de curso no CEIP San Cosme

san-cosmeO ceramista Manuel Miranda ensinou ós estudantes do CEIP San Cosme a traballar a arcilla e todos xuntos elaboraron unhas vasixas. Miranda impartiulles este venres unha clase práctica sobre esta disciplina como actividade de fin de curso. De feito, tamén se celebrou a cerimonia de graduación e un acto de despedida ós alumnos de 6º de Primaria que pasan ó instituto. Con música, bailes e entrega de orlas, incluídas. Así mesmo, puideron disfrutar despois de xogos deseñados para eles polos profesores e, ó final, unha comidade de pais, profesores e alumnos.

Exit mobile version