Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de sendeirismo polas Rías Baixas

O grupo de montaña Marqués de Casariego organiza unha fin de semana nas Rías Baixas entre o 4, 5 e 6 de xullo. A saída está prevista para o venres 4 arredor das catro e media da tarde; mentres que o sábado está prevista unha ruta pola Illa de Arousa. O domingo será a quenda da ruta dos Muíños da Armenteira. Os interesados poden informarse e inscribirse a través dos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) e 608 540 828 (Eva) ou a través do enderezo electrónico: cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es ata o martes 1 de xullo. O prezo da actividade -que inclúe a viaxe en autobús, a cea do venres, aloxamento do venres e sábado e o almorzo do sábado e o domingo- é de 100 euros, 85 para os socios e 73 para os socios colaboradores.

Exit mobile version