Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia e Eu Son limparon a praia do Portelo no Día dos Oceános

gaia-euson-porteloO centro de educación ambiental do Concello de Burela (Gaia) segue a conmemorar o día dos océanos. Hoxe tivo lugar a segunda xornada de limpeza dun areal, o do Portelo, tarefas para as que contaron coa colaboración da Fundación Eu Son.

Segundo explican as monitoras de Gaia “o obxectivo da xornada é que os participantes tomen conciencia da problemática que representan os residuos e o dano que poden chegar a ocasionar nos ecosistemas cando non se xestionan correctamente”. Os asistentes recolleron bolsas de plástico, restos de envoltorios, servilletas, que foron abandoados polos usuarios da praia. Desde Gaia fan un chamamento “para que as persoas que acudan aos areais de Burela colaboren deixando os residuos nas papeleras, deste xeito as praias estarán limpas, coidadas e en bo estado”.

Sogama cedeulle a Gaia diverso material divulgativo e de merchandising para que poida ser distribuido entre todos os participantes nas distintas xornadas que organice. Gadis tamén colabora coa doazón de camisetas para cada participante.

Exit mobile version