Site icon Crónica3.com A Mariña

Gala clausura Escola Deportiva Burela FS 2013/2014

O xoves día 19 de xuño, a Escola Deportiva Burela FS celebra a súa habitual Gala de Clausura que terá lugar no Auditorio do Concello de Burela, a partir das 19.00 horas. Durante o acto proxectaranse fotografías da tempada e recoñecerase o esforzo e labor de todos/as os integrantes da base laranxa cun obsequio recordo da presente campaña.

Exit mobile version