Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia gañou 2.117 autónomos durante os primeiros 5 meses do ano

Organizacións de Profesionais e Autónomos de Galicia (OPA Galicia), congratúlase de que as afiliacións medias de autónomos na rexión experimenten un aumento do 1 % durante os cinco primeiros meses do ano, tras rexistrar en maio a 215.558 traballadores por conta propia, fronte aos 213.441 que había en xaneiro deste mesmo ano.

Por provincias, A Coruña foi a que obtivo un maior incremento de autónomos entre maio e xaneiro de 2014, ao contar con 967 novos autónomos; seguida pola de Pontevedra, que ten 789 novos traballadores por conta propia; e a provincia de Lugo, onde o número de autónomos se incrementou en 190 profesionais. Ourense, pola súa banda, sumou 172 novos autónomos.

Os datos da Seguridade Social reflicten tamén que en Galicia se produciu á súa vez un aumento de autónomos durante o último mes, ao contar o RETA con 878 novos traballadores por conta propia.

Comparando estas cifras coas de fai exactamente un ano, obsérvase que en maio de 2013, había rexistrados en Galicia un total de 213.389 autónomos, polos 215.558 que hai na actualidade.

O presidente nacional de OPA, Camilo Abiétar, valora de xeito positivo os bos datos que están rexistrando as afiliaciones de autónomos en 2014, aínda que recorda que “o mes de maio e os meses de verán son sempre máis propicios para que se incremente o número de autónomos”, polo que indica que “a partir do mes de outubro poderemos empezar a comprobar se as afiliacións de autónomos conseguen unha boa nota cando se faga balance do ano”.

Abiétar indica que o Comercio, a Agricultura e a Ganadería, a Construción e a Hostelería son os sectores con maior número de autónomos en Galicia.

Malia estes datos esperanzadores, o presidente nacional de OPA reclama financiamento para as microempresas e os autónomos co fin de que “volvan converterse nos abanderados da recuperación económica e a creación de riqueza e postos de traballo”.

Exit mobile version