
O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, inauguraron este martes 10 de xuño na Casa da Cultura a exposición cos traballos realizados nos obradoiros de manualidades, bordado e bolillos, que organizou o CIM e que se desenvolveron ao longos dos últimos meses. A mostra poderá verse ata o vindeiro 27 de xuño. Nos obradoiros do CIM participaron 300 mulleres. Segundo Diana Durán “foron un éxito estes meses e despois do verán volveremos con todas estas actividades”.