Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugúrase o primeiro campamento vacacional na Costa de Lugo que combina actividades náuticas e aprendizaxe de idiomas

algunos niños del primer grupoFoz, 25 de xuño de 2014.- A provincia de Lugo xa dispón do primeiro campamento vacacional para nenos e adolescentes de entre 7 e 17 anos, que combina actividades náuticas e aprendizaxe de idiomas: Anchor. A iniciativa púxose en marcha esta mesma semana cun primeiro grupo de 51 nenos que visitarán Foz durante as súas vacacións de verán para practicar deportes como vela, paddle surf, surf e kayak e, ó mesmo tempo, aprender e practicar inglés con profesores nativos.

“Non só somos un campamento de verán con actividades, pretendemos que os alumnos leven experiencias relacionadas coa cultura, gastronomía, pesca, navegación, cuidado do medio ambiente e, por suposto, melloren o seu nivel de inglés e español (no caso de alumnos internacionais)”, explica Paco Moreda, promotor da iniciativa.

Este xoven emprendedor focense puxo en marcha Anchor (a Escola de Deportes Náuticos da Mariña) co apoio do Fondo Europeo de Pesca, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e a Consellería do Medio Rural e do Mar, que depositaron a súa confianza no proxecto a través dos Grupos de Acción Costeira e o seu Plan Estratéxico Zonal (PEZ).

Durante os meses de xullo e agosto, con Anchor ponse en marcha o primeiro campamento vacacional para nenos e adolescentes que combina actividades náuticas e aprendizaxe de idiomas na provincia, dotando á comarca da Mariña dun novo atractivo para o fomento do turismo, ún dos principais impulsores da actividade económica da zona, xunto coa pesca. Pero, ademáis, ven a resolver un problema que afecta a moitos pais: que facer cos nenos durante as vacacións? Como explica Paco Moreda, “cando chega o verán, moitos pais atópanse co problema de que teñen que traballar e os seus fillos dispoñen de moito tempo libre. O noso obxectivo é ofrecerlles unha alternativa de ocio e diversión e, ó mesmo tempo, que podan aprender idiomas e convivir con outros nenos, o que supón unha gran tranquilidade para os pais”.

Para máis información: www.anchor.es

Exit mobile version