Nesta ocasión realizouse unha nova ruta que, partindo da serra do Buio e utilizando as pistas dos eólicos, remataba no monte Castelo, cunha comida especial a base de empanada e dunha paella xigante, para os mais de 200 participantes, que foron cociñando no Castelo ao longo da mañá, á altura do mellor Máster Xefe de cociña.
A xornada inicial, durante a ruta, estivo horrible, con continuos trebóns acompañados de fortes ventos e néboas, pero pola tarde luciu bastante o sol, o que permitiu facer o baile despois da comida e a esperada queimada. A música correu a cargo do incombustible artista de Ferreira Juan.
En definitiva un día moi especial para todos, con sendeirismo, compañeirismo, convivencia e gastronomía… especialmente para os de Pasada que celebraron este 10º aniversario ao grande.